Inés Rey esixe implicación da Xunta e o Goberno coa antiga Alcoa

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co persoal representante do comité de empresa de Alú Ibérica, a antiga Alcoa, co fin de escoitar as súas reivindicacións e apoiar aos traballadores para garantir a viabilidade da planta de alúmina e os seus postos de emprego.

Rey esixiralle ao Ministerio de Industria que convoque a Mesa Técnica de Industria, que xa foi solicitada polo comité de empresa de Alú Ibérica. Tamén lle reclamará á Xunta de Galicia que asuma e exerza as súas competencias en materia industrial e de emprego para a defensa do mantemento da industria en Galicia e, concretamente, a defensa de Alú Ibérica e dos seus postos de traballo, así como «a viabilidade da produción industrial».

Empregados/as e representantes do comité de empresa da antiga Alcoa iniciaron hoxe un peche na sala de exposicións do consistorio ata que se convoque a Mesa Técnica de Industria «para visibilizar a súa loita», sinala Rey, quen defende que «é moi importante que neste momento tanto o concello como as administracións esteamos ao seu lado». A alcaldesa asegura que «o concello defende as súas reivindicacións e sempre axudará a buscar solucións».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *