Reactivado o punto limpo móbil dende o luns

Compartir

A Concellería de Medio Ambiente anunciou esta mañá que reactivará o servizo do Punto Limpo Móbil desde o vindeiro martes 4 de maio. A posta en marcha deste dispositivo forma parte do paquete de medidas incluídas na fase 0 do Plan para a transición cara á unha nova normalidade (desescalada).   As persoas responsables da concellería consideran que se dan as condicións para que se reabra, xa que o comportamento das coruñesas e coruñeses respecto ao depósito de residuos neste mes e medio de confinamento foi bastante exemplar, salvo certas excepcións. É necesario, explican, poñer de novo en marcha o servizo porque se acumularon nos domicilios algúns residuos que non se poden nin deben depositar nos contedores da rúa, debido a que o seu destino final son os puntos limpos.  

Tomaranse as medidas necesarias para que o persoal traballador en contacto co servizo cumpra todas as medidas sanitarias necesarias para desempeñar as súas funcións. Deste xeito, explican, garántese a súa seguridade e a das persoas usuarias. 

 A concellería faille un chamamento á cidadanía para que se cumpra o horario e non se depositen os residuos antes de que cheguen os vehículos de recollida. O horario será de 09.00 a 14.15 horas, de martes a sábado e fixouse o seguinte calendario: 

Maio 2020  

5, 6 e 7 – Praza de Pablo Iglesias

8 e 9 – Campo da Estrada (lateral da residencia militar) 12 e 13 – Gaiteira, 31 (zona peonil)

14 e 15 – r/ Luis Seoane (Novos Ministerios)

16 – Illas Sisargas, fronte a Eroski (Mesoiro)

9, 20 e 21 – Avda. de Cádiz (parque infantil, Lonzas)

22 e 23 – Avenida da Pasaxe, 25-33 (Os Castros)

26, 27 e 28 – Audiencia Provincial

29 – Vioño (esquina da avda. de Arteixo coa rolda de Outeiro)

30 – Praza Elíptica (Os Rosales)  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *