Pechan a Torre para desinfectala, tras detectar un positivo en COVID-19

Pechan a Torre para desinfectala, tras detectar un positivo en COVID-19
Compartir

A Torre de Hércules permanecerá pechada hoxe para labores de desinfección despois de que onte se coñecese o positivo en Covid-19 dun traballador dunha empresa que presta servizo no faro. O proceso lévase a cabo «por recomendación das autoridades sanitarias», detalla o Consorcio de Turismo.

Como medida preventiva, os traballadores da Torre serán sometidos a probas PCR. As persoas que compraran entradas para hoxe poderán reclamar a devolución do importe en torredehercules@coruna.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *