Os Franco queren levar os bens da Casa Cornide

Compartir

O BNG denunciou esta mañá o suposto intento da familia Franco de levar os bens que se atopan no interior da Casa Cornide, na Coruña, pouco despois da entrega das chaves do Pazo de Meirás e en plena ofensiva municipal para recuperar este espazo.

A organización nacionalista asegura que foi alertada por veciñanza da Cidade Vella da presenza dunha furgoneta diante do palacete e de que estaban a cargar o vehículo con bens que se atopan no interior da casa. Para o Bloque isto é un síntoma de que os Franco «queren evitar que pase o que en Meirás: que se faga un inventario do que contén a Casa Cornide para evitar que o leven de alí».

Os nacionalistas urxen a avanzar na recuperación da Casa Cornide formalizando a demanda para que o palacete sexa de titularidade coruñesa e se faga un inventario dos bens no interior «para evitar calquera tentativa de saqueo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *