O Concello pedirá información sobre a venda da antiga Alcoa

Compartir

Tras a reunión que mantivo esta mañá Inés Rey coas persoas representantes do Comité de Empresa da antiga Alcoa, a alcaldesa comprometeuse a contactar co Ministerio de Industria para lle solicitar información sobre a venda ao grupo Riesgo por parte de Parter Capital. Con este encontro, a rexedora quixo coñecer de primeira man as circunstancias en que se atopa o cadro de persoal e mais as súas demandas. Neste punto ve necesario confirmar a solvencia da empresa compradora e se esta cumpre con todos os requisitos legais establecidos na primeira venda a Parter Capital: «É unha cuestión que nos preocupa e queremos que as e os traballadores estean informados ao respecto».

Deste xeito, desde o concello reclamaralle ao Goberno central que utilice todos os medios que ten ao seu alcance, co fin de investigar os pormenores desta operación e «tomarmos así as medidas que garantan a continuidade desta industria», engadiu a rexedora.

A alcaldesa recordou que hai varios grupos interesados e que a planta necesita un «comprador fiable e solvente» que garanta o plan industrial, o emprego e a continuidade desta importante industria, nun sector que, na súa opinión, «ten futuro e é rendible». Rey tratou este asunto coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e desde o Goberno municipal manteñen unha comunicación constante co Comité de Empresa para coñeceren os detalles da situación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *