O BNG critica o proxecto das Percebeiras

Compartir

O BNG reclamou esta mañá que a Xunta dea curso ao Proxecto das Percebeiras a través do Trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica Ordinaria e non a través do Trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica Simplificada. Lembran que o segundo modelo inclúe o estudo do impacto paisaxístico.

Os nacionalistas confrontan a súa proposta á do Goberno local, e aseguran que o proxecto nas súas actuais condicións terá impacto no medio. Así o sinalaron a deputada do BNG no Parlamento galego Alexandra Fernández, e a concelleira nacionalista Avia Veira. As representantes nacionalistas criticaron a «cultura do pelotazo» e pediron mobilizar o parque de vivenda baleira, ademais de sinalar que o proxecto «incumpre o propio PXOM».

Se o proxecto promovido pola Asociación de propietarios “As Percebeiras” consegue a avaliación favorable da Xunta, o Pleno terá a última palabra para a súa aprobación inicial. O polígono, situado entre o Paseo Marítimo, a avenida de Labañou, xunto ao grupo de vivendas de María Pita e o centro Padre Rubinos, contará con 12 bloques con 371 vivendas, cun 40% destinadas a vivendas de protección oficial. O plan tamén prevé construír un grande aparcadoiro público con 358 prazas e locais comerciais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *