Morre unha muller por COVID-19 nunha residencia de Culleredo

Compartir

Nas últimas horas produciuse un novo falecemento en Galicia por COVID-19, elevándose a cifra total aos 663 decesos. Trátase dunha muller de 80 anos interna na residencia Orpea Coruña de Culleredo.

Compartir
Residencia para mayores ORPEA A Coruña

Nas últimas horas produciuse un novo falecemento en Galicia por COVID-19, elevándose a cifra total aos 663 decesos. Trátase dunha muller de 80 anos interna na residencia Orpea Coruña de Culleredo.

Nas últimas horas, Galicia descendeu en número de casos activos de COVID-19 por primeira vez en semanas. A Consellería de Sanidade informa de 4.230 casos, 13 menos ca onte, dos cales 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas. O número de PCR realizadas é de 369.998.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *