Máis de 3.500 veciños formaranse co PRESCO

Compartir

Os cursos en liña gratuítos do Plan de Recuperación Económica e Social da Coruña (PRESCO) remataron o seu prazo de inscrición cun total de 3.600 prazas de formación dirixidas a persoas desempregadas, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou traballadoraes temporais que desexen mellorar o seu emprego.

No marco do PRESCO, o Goberno local abriu o 22 de outubro o prazo de solicitude dunha batería de 50 accións formativas de balde para 3.200 persoas, que rematou o pasado domingo despois de esgotar todas as prazas dispoñibles.  O gran éxito desta iniciativa conlevou a que se ampliasen as prazas dispoñibles, así as matriculacións ascenderon ata as 3.601.

Desde o Goberno local aseguran que «a actual situación socioeconómica en que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos».

O Concello programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o vindeiro ano debido á gran demanda destes cursos. Toda a información sobre esta nova formación e as súas particularidades poderase consultar de forma detallada no portal web municipal do Servizo de Emprego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *