Case 4.000 solicitudes nos campamentos de verán

Compartir

Os campamentos municipais de verán, que este ano ofrecen máis prazas que nunca debido á necesidade de conciliación das familias coruñesas por mor da crise da COVID-19, recibiron 3.975 solicitudes durante o período de preinscrición telemática correspondente aos pasados 27, 28 e 29 de maio.

Algunhas destas 3.975 solicitudes son repetidas, posto que as familias demandantes podían solicitar varios campamentos e varias quendas para unha mesma nena ou neno. Os campamentos comezarán a partir do 22 de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *