‘Canguros’ municipais para nenos illados por COVID-19

Compartir

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación vén de lanzar o programa Canguros COVID Concilia. Esta iniciativa quere apoiar as familias no coidado e apoio educativo das nenas e nenos confinados por contacto con positivos de COVID-19. Trátase de atender situacións xeradas por peches de aulas; confinamentos por ser contacto estreito, con PCR negativo e carácter preventivo; e se non hai máis remedio, peches de colexios ou garderías.

A iniciativa ten en conta as situacións en que a familia do menor non se atopa confinada, co que este pode quedar no domicilio sen ningún tipo de coidado e apoio, en especial en todas aquelas unidades familiares en situación de vulnerabilidade social.

Os servizos ofrecidos son de coidado -nenos de 4 meses a 6 anos- e apoio educativo -de 6 a 12 anos-. Será necesario contar cunha PCR negativa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *