Alumeado intelixente para a rúa Palomar

Compartir

A rúa Palomar estreará este mes un novo sistema de iluminación intelixente. O Concello está a repoñer a instalación de puntos de luz nesta zona para mellorar o nivel de iluminación e facer máis eficiente o consumo enerxético. Desde a Concellería de Infraestruturas, explican que, con esta actuación, tamén se logrará minimizar a contaminación lumínica e a luz intrusa causada pola iluminación pública.

A instalación conta cun novidoso sistema de regulación dinámica nos pasos peonís que, ao detectar un peón que quere cruzar, activa o balizamento vertical incluído na columna para chamar a atención dos condutores e acende a iluminación sobre o paso peonil que, até ese momento permanece apagada ou con moi baixo nivel lumínico. Isto mellora a visibilidade dos peóns cando cruzan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *