A Coruña súmase ao pacto contra a violencia machista

Compartir

O Concello e a Subdelegación do Goberno da Coruña ratificaron a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen de loita contra a violencia de xénero, segundo acordou a Xunta Local de Seguridade realizada onte despois de ter quer ser aprazada pola crise da Covid-19.

A Xunta Local de Seguridade aprobou o protocolo do convenio para regular a presenza da Policía Local no sistema Viogen. Este protocolo será remitido ao Ministerio para a súa validación previa á sinatura e facer efectiva a participación da cidade da Coruña neste operativo.

O sistema Viogen permitirá á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que as e os axentes da Policía Local asumen o seguimento e o control dalgúns casos, en xeral daqueles considerados de nivel de risco baixo, mentres que a Policía Nacional encárgase do seguimento dos casos máis graves.

Este protocolo establécese tras a creación o ano pasado da Mesa Local de Coordinación Policial, na que están presentes a Policía Local e a Policía Nacional, ademais da Policía Nacional Adscrita, e que ten como principal finalidade unir esforzos na loita contra a violencia machista.

Pilar López-Rioboo agradeceulle á alcaldesa o esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal e como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Viogen. E destacou a colaboración do Concello nesta loita, que permitirá incrementar a coordinación e a propia loita contra a violencia machista xa que «posibilitará conseguir un mellor aproveitamento de todos os recursos dispoñibles para previr este tipo de violencia a nivel local».

Tamén se falou da importancia de manter a excelente coordinación existente entre todas as forzas. Esta coordinación terá continuidade nos dispositivos especiais preparados para a celebración do San Xoán, as eleccións autonómicas e as festas de verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *