Homenaxe a máis de tres décadas da Casa das Ciencias

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, mantiveron esta tarde un encontro na Casa das Ciencias con parte do cadro do persoal que propiciu a súa posta en marcha hai 35 anos. A rexedora agradeceu a súa dedicación e paixón e destacou que o primeiro director, Ramón Núñez, foi o grande artífice do éxito deste edificio: «Entendeu que un museo, máis que dar respostas, debía de lles facer preguntas ás e aos visitantes. Núñez conseguiu que o coñecemento tivera unha primeira casa e logo outras dúas máis e unha cuarta no Muncyt, pero, sen dúbida, aquí, nesta atalaia comezou todo». Rey sinalou que Núñez lle transmitiu esa ilusión a Elena Rilo e a Jesús Prado, presentes no acto, e que este último cambiou a conserxería dun colexio pola dun museo e coñeceu a Juan Carlos Medal «Jaítos», «que inxectou o seu amor pola ciencia e o firmamento a todas/os nenas/os e maiores que sentaron nunha butaca inclinada do planetario».

No acto participaron, ademais de Ramón Núñez, Elena Rilo e Jesús Prado, o arquitecto Felipe Peña, que converteu aquel esqueleto de formigón nunha casa para a divulgación. Xunto ás e aos que traballaron para que a Casa das Ciencias se convertese nun museo senlleiro polos seus contidos interactivos estivo tamén o actual responsable, Marcos Pérez, que recordou que é a primeira vez que celebran o aniversario coas portas pechadas xa que por instrucións do Ministerio de Sanidade, os museos que requiren da participación táctil das e dos visitantes non poden aínda abrir ao público nesta fase da desescalada.

Na xuntanza, Rey entregoulles placas conmemorativas ás e aos pioneiros deste centro museístico e lembrouse a figura do falecido Juan Carlos Medal, Jaítos, que lle puxo voz durante moito anos aos programas que se proxectaron no planetario; programas que, por outra banda, non cesaron desde que en 1985 se inaugurou a Casa das Ciencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *