O Día do Libro máis atípico

Compartir

O Día do Libro máis inusual achégase e os centros municipais botan a andar unha campaña de acceso universal á cultura, axudada por actividades de achegamento á lectura da cidadanía, baixo o nome «Mollámonos polo libro». O Servizo Municipal de Bibliotecas quere así amosar o seu compromiso co sector do libro e polo acceso á cultura de todo tipo de público.

O xoves celébrase o Día do Libro, que este ano chega en pleno confinamento pola pandemia de COVID-19. A rede de bibliotecas municipais da Coruña únese ás celebracións e porán en valor a lectura e os libros. A campaña «evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta», sinalan dende o Concello. As bibliotecas municipais lanzan daquela «unha mensaxe de unidade e apoio a todas as actrices e actores do mundo do libro».

A campaña súmase á programación habitual (que pode atoparse atopar baixo o cancelo #BibliotecaenCasa), que conta con programación diaria nos espazos virtuais como o blog e perfís en redes sociais. Nesta programación inclúense recursos formativos e informativos, contacontos ou retos. Pero o interese das bibliotecas é trascender o público máis familiarizado coas redes sociais. Este compromiso coa democratización da cultura entre os «colectivos non conectados» contempla programas para medios de comunicación convencionais. Deste xeito, as bibliotecas da Coruña impulsan “Lemos para ti”, que definen como «un conxunto de narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa canle de Spotify e na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coas redes poida desfrutar da literatura».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *