Obras de urxencia na avenida das Conchiñas

Compartir

Técnicos municipais de Infraestruturas tiveron que realizar esta mañá unha reparación de urxencia nun sumidoiro da avenida das Conchiñas, segundo informou a concellería do ramo. Os labores de reparación comezaron ás 8h e está previsto que se prolonguen varias semanas debido á gravidade desta incidencia. Segundo o persoal técnico, a tubaxe da rede de saneamento estaba rota e esmagada, polo que resultaba imposible que a auga correse por ela. Deste xeito, abriuse unha gabia e estase substituíndo a tubaxe danada por unha nova de PVC.

Desde a concellería chamaron á tranquilidade e recordaron que se trata dunha intervención excepcional e de urxencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *