Pulo ao sector dixital na Coruña e Galicia

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde en Afundación xunto coa concelleira de Industria, Eva Martínez, ao minicongreso A Coruña Dixital Lab, o primeiro acto do XIX Festival Internacional Mundos Dixitais en que se abordou o papel que xoga a cidade dentro do mundo audiovisual e que contou coa participación de persoas representantes do sector como Radan de Brano (Antaruxa), Luis Rivero (Urbansimulations), Sergio Prieto (Gato Salvaje) e Borja Pena (Vaca Films).

Na xornada en que tamén estivo presente o reitor da Universidade, Julio Abalde, a rexedora sinalou que o evento, que a punto está de cumprir a vintena, congrega a toda a familia dixital coruñesa para reivindicar o tecido empresarial que «desde o Goberno local relanzaremos a través de iniciativas como a cidade das TIC, para o que queremos contar con vós, con toda esa experiencia que tedes acumulada e cos vosos proxectos, que esperamos que teñan acubillo na fábrica que planeamos». Para Rei, trátase dun labor en conxunto, que debe partir das administracións públicas, do concello e mais da Xunta, e ter como base do caldo ás firmas «capaces de confirmaren a Galicia como territorio punteiro e de crearen novos modelos de negocio atendendo ás demandas do sector».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *