O consenso marca as negociacións do novo PRESCO

O consenso marca as negociacións do novo PRESCO
Compartir

A aprobación dun novo PRESCO vislúmbrase no horizonte municipal. A Comisión de Economía e Facenda de onte acordou a tramitación de axudas directas cunha declaración responsable, o que simplificará os trámites administrativos e fará máis breves os prazos. Estas axudas, por 2.000 euros, destínanse a autónomos e micropemes afectadas polas medidas contra a COVID-19.

O concelleiro de Economía e Facenda e portavoz do Goberno local, José Manuel Lage, puxo en valor o «alto grao de consenso» da comisión e a incorporación de achegas da oposición, que agradeceu porque «entiquecen o PRESCO».

Prazos menores
Como consecuencia deste acordo redúcese o prazo máximo de resolución dos 6 aos 4 meses. Para solicitar as axudas será preciso atoparse ao corrente do pago coa Administración no momento da concesión a través ducha declaración xurada.

Outras das novidades será que os autónomos ou empresas tampouco terán que exhibir un distintivo que acredite a concesión das axudas cando estas sexan para o pago do alugueiro ou as cotas da Seguridade Social, mais si nos resto dos casos, coma nos bonos de promoción de comercio, tamén previstos no próximo plan de estímulo.

Na comisión estiveron presentes representantes de todos os grupos, Rosa Gallego (PP), Iago Martínez (Marea Atlántica), Francisco Jorquera (BNG) e Isabel Faraldo (Non Adscritos). “Non podemos menos que ver con bos ollos que as nosas achegas fosen asumidas como elementos constitutivos do novo Presco”, afirmou Fransico Jorquera ao remate da xuntanza.

O vindeiro luns haberá unha nova reunión sobre os aspectos pendentes da negociación para desbloquear o novo PRESCO. Lage Tuñas agarda que se poida repetir a unanimidade que permitiu, en xuño do ano pasado, a aprobación do primeiro plan de rescate.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *