O Concello reactiva as visita á lonxa

Compartir

As visitas á lonxa das persoas usuarias dos centros cívicos municipais e doutros colectivos da cidade serán reactivadas. Ademais, estudarase a apertura de vías de comunicación entre lonxa e concello para outros proxectos. Esas son as conclusións da xuntanza que a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, mantivo onte co presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, e o seu xerente, José Luis Otero.

A concelleira manifestou logo da reunión que «é necesario seguir traballando na mesma liña na que comezamos esta lexislatura, unha liña de colaboración estreita entre entidades e administración para axunar esforzos e conseguir melloras nos diferentes aspectos da vida das persoas». Neira referiuse á lonxa e ao porto como «un valor tan presente e importante na historia e no desenvolvemento da cidade», motivo polo que «a colaboración debe ser aínda máis fluída».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *