O Carrefour de Alfonso Molina obtén o selo Comercio de Confianza

Compartir

O Centro Comercial Carrefour de Alfonso Molina foi distinguido hoxe pola mañá co selo Comercio de Confianza, que acredita que o establecemento cumpre os protocolos sanitarios e de seguridade estipulados pola Secretaría de Estado de Comercio. O recoñecemento é entregado pola Cámara de Comercio da cidade.

Antonio Couceiro, presidente da Cámara, salientou o compromiso de Carrefour co cumprimento das recomendacións, e lembrou que a compañía xa acadou seis recoñecementos deste tipo en toda Galicia. Jon Redondo, Director Rexional Noroeste de Carrefour, agradeceu o recoñecemento á efectividade das medidas de seguridade da marca e destacou que os seus son «espazos de compra seguros».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *