Marineda City auditará a súa seguridade contra a COVID-19

Compartir

Marineda City contará un selo de boas prácticas na xestión da COVID-19 proporcionado con AENOR. O centro comercial chegou a un acordo para someterse a unha auditoría que certifique a calidade do servizo e das medidas de seguridade. Dende Marineda City aseguran ter traballado «moi intensamente» durante o estado de alarma na implementación de plans de seguridade.

Os procedementos hixiénicos e sanitarios de seguridade dividíronse fundamentalmente en tres bloques: hixienización de instalacións -desinfectando as zonas comúns-, medidas de distanciamento social -a través de mamparas, cartelería e informacións para o público- e distribución de material de protección -como luvas e máscaras faciais- entre os traballadores e entre clientes no caso de extravío dos seus.

O selo de AENOR avala os protocolos elaborados segundo a metodoloxía desta entidade certificadora, sobre a base das recomendacións e requisitios de varios organismos españois e internacionais. Estes protocolos comprenden eidos como a saúde, a seguridade laboral, a limpeza, a formación, ou a xestión de residuos e riscos específicos das organizacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *