Exporpymes celébrase online dende mañá

Compartir

A sétima edición de Exporpymes, o evento empresarial deseñado pola Cámara da Coruña para promocionar produtos galegos no estranxeiro, que terá lugar entre o 27 e 28 de outubro, desenvolverase en formato virtual a través da web. Na apertura estarán presentes, dixitalmente, Antonio Couceiro (presidente da Cámara) e Gonzalo Ortiz (director xeral). Pola Xunta estarán Rosa Quintana, Conselleira do Mar, e Fernando Guldrís, Director Xeral do IGAPE. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, completarán a representación institucional.

Ademais de ter a oportunidade de manter reunións bilaterais online (B2B) previamente concertadas, esta sétima edición de Exporpymes inclúe unha programación de relatorios sobre temas relacionados coa internacionalización, nos que se profundará nas peculiaridades dos mercados de países estranxeiros como Estados Unidos, o Reino Unido ou China, entre outros.


Nesta nova edición participarán importadores dos sectores de alimentación, bebidas, maquinaria e materiais de construción. Son profesionais provenientes de catro continentes, e participarán por primeira vez importadores de Mauritania, Mozambique, Ghana ou Bielorrusia, ademais dos xa habituais como Estados Unidos, Gran Bretaña, Canadá, O Salvador, Nicaragua, Perú, México, Panamá, Costa Rica, Israel, Turquía, Irlanda, Austria, Dinamarca, Suíza, Italia, Portugal, Alemaña, Bélxica, Holanda, Etiopía, Alxeria, Togo, Costa do Marfil, Senegal, Tunes, Xordania, Ghana, Burkina Fasso e Exipto.

Pola súa banda, máis de 80 empresas exportadoras de Galicia confirmaron xa a súa participación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *