A Cámara de Comercio difunde incentivos fiscais á innovación

Compartir

Preto de 30 empresas participaron hoxe nas xornadas sobre incentivos fiscais á innovación organizadas pola Cámara de Comercio da Coruña en colaboración con Cámara Certifica e coa participación da consultora Evalue Innovación. Entre os aspectos tratados estiveron a redución de cota, a monetización e o financiamento.

Juan José Cuñarro Mácias, de Evalue Innovación, deu unha charla sobre importes e requisitos da dedución fiscal por I+D. Posteriormente, Ana Luque Alcaraz, xerente de certificación de Cámara Certifica, explicou o proceso de certificación como garantía. Finalmente, tivo lugar un caso práctico.

A Cámara de Comercio persegue con xornadas coma esta facilitar ás empresas a información de valor actualizada para o desenvolvemento da súa actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *