A Cámara de comercio acredita o impacto da crise de COVID-19 na actividade exterior das empresas

Compartir
dav

A Cámara da Coruña anunciou hoxe que ofrecer un novo servizo ás empresas da zona no marco da crise do COVID-19. Trátase da expedición de declaracións sobre o impacto da crise na actividade exterior das empresas.

A Cámara está legalmente recoñecida para facilitar ás empresas instrumentos de acreditación no ámbito da súa actividade exterior das restriccións e limitacións consecuencia da crise sanitaria do COVID-19 e das medidas extraordinarias adoptadas polo Goberno para combatela. Isto inclúe o impacto destas no desenvolvemento normal dos seus negocios, especialmente cando hai proveedores estranxeiros.

Procedemento
A empresa interesada deberá presentar á Cámara unha solicitude e unha declaración responsable indicando que lle resulta imposible cumprir en tempo e forma as súas obrigas, derivadas de contratos con socios comerciais no exterior, indicando os factores particulares que determinan o incumprimento.

Logo de que a Cámara comprobe que a declaración responsable é correcta, e que os datos da empresa solicitante se corresponden cos do censo público, procederá a emitir a declaración cameral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *