Xuntanza virtual dos alcaldes da comarca ante a situación da COVID-19

Compartir
13,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manterá unha xuntanza cos alcaldes da comarca da Coruña, na sala 0.2-0.3, na planta baixa. foto xoán crespo 10/08/2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mañá a primeira das reunións acordadas co conxunto de alcaldes da comarca da Coruña, para avaliar a evolución da crise sanitaria provocada pola covid-19 na comarca coruñesa.

Na primeira das xuntanzas -telemáticas- que se desenvolverán diariamente durante as vindeiras datas, o conselleiro destacou a importancia que posúe acadar unha boa coordinación entre todas as institucións para conseguir unha detección e diagnóstico precoz de posibles novos contaxios e frear así a expansión do virus.

Neste sentido, Almuiña convidou aos alcaldes da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada, a trasladar aquelas propostas de tipo específico que sexan susceptibles de implementarse en cadanseu municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *