Xornada de portas abertas na Cidade das TIC

Compartir

O concello e a Universidade da Coruña organizan o próximo 9 de outubro unha xornada de portas abertas á futura Cidade das TIC co fin de que a veciñanza coñeza por dentro as naves construídas e todo o perímetro restante que servirá en Pedralonga á tecnoloxía e ao coñecemento.
Organizaranse ata tres quendas de visitas programadas, que terán lugar de 10.00 a 12.00, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas. En cada grupo participarán 20 persoas como máximo. As persoas interesadas poden apuntarse a través da ligazón  https://ticketing.coruna.eu/concello/citic/. Para a actividade, seguiranse todas as medidas contra a Covid-19 esixidas pola Xunta.
Deste xeito, a cidadanía paseará, cun roteiro previamente establecido, pola instalación da antiga Fábrica de Armas, cedida á Universidade polo Ministerio de Defensa para desenvolver o proxecto da Cidade das TIC, o campus científico tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia. Serán en total 127.000 metros cadrados de terreo en que se construirá o parque para o que se aproveitarán 30.000 metros cadrados que xa están edificados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *