Volven funcionar as empresas adxudicatarias do Concello

Compartir

As empresas adxudicatarias e concesionarias dos distintos concursos convocados polo concello retomarán as súas obras e servizos este luns despois de seren suspendidas de actividade até o pasado día 9 de abril segundo o Real decreto lei 10/2020. Ademais, activaranse todos aqueles trámites que lles permitan iniciar as actuacións ás firmas recentemente adxudicadas.

Desde o Goberno local, recórdanlles a todas elas que teñan en conta a guía de boas prácticas para a súa volta ao traballo, información que está subida no BOE (Boletín Oficial do Estado) e que atende a reforzar a prevención de riscos laborais do persoal, desde o seu desprazamento ás obras até a súa saída. Aborda medidas de tipo organizativo como son a xornada continua e por quendas e as pausas, así como potencia as medidas de hixiene e recomenda outras como a distancia de seguridade e o uso de luvas e de máscaras eficaces en tarefas que requiran que dúas persoas estean a menos de dous metros, seguindo os procedementos establecidos polo Ministerio de Sanidade.

En materia de Mobilidade, manteranse as medidas adoptadas antes deste parón e a suspensión dos prazos administrativos ao proseguir o estado de alarma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *