O Dépor máis solidario

Compartir

Os xogadores do RC Deportivo Koné e Mujaid visitaran esta tarde a sede da ONG Equus Zebra para coñecer de primeira man o esforzo da entidade, que traballa a prol da integración de persoas en risco de exclusión social. A visita terá lugar ás 18h na súa sede da rúa Entrepeñas 47.

Ámbolos dous futbolistas compartirán unha xuntanza cos membros da ONG e asinarán autógrafos a nenos e maiores. Mediante esta visita o RC Deportivo quere mostrar o seu apoio a aquelas entidades que traballan a favor de obxectivos de inclusión social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *