Unha pista multideporte para a praza da Tolerancia

Compartir

Unha pista multideporte completará o espazo de ocio da praza da Tolerancia, en Labañou. A veciñanza viña reclamando dotar ao barrio dunha pista polideportiva, de modo que o Concello cumprirá cun vello desexo cidadán. Esta nova infraestrutura situarase xunto ao parque infantil e á área biosaudable que o Concello está habilitando, con aparatos de ximnasia para persoas maiores.

A alcaldesa, Inés Rey, aseguru que «a actuación busca pór en valor a zona, tanto para o uso deportivo como para o uso lúdico, e facilitarlle á veciñanza a realización de actividades deportivas».

Os traballos inclúen a construción da pista e a instalación de equipamento. As zonas verdes contarán con árbores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *