Un teléfono contra a soidade

Compartir

O Concello anunciou hoxe que en próximas datas botará a andar «Acompáñote. Liña de atención telefónica», un servizo pensado para que aquelas persoas que están soas durante a corentena poidan conversar brevemente con voluntarias e voluntarios co obxectivo de que leven mellor as semanas de confinamento. O servizo funcionará a través do 900 920 500. Ao outro lado da liña atenderá algunha das máis de 500 persoas voluntarias que se inscribiron no servizo ao inicio deste estado de alarma.

O servizo funcionará a través dunha serie de quendas organizadas de forma que, cando se reciba unha chamada, a central vai redirixila a unha das persoas que estean operativas nese momento. Tamén desde o 010, as e os profesionais que atenden este servizo reconducirán as chamadas das e dos que queiran contactar nesta liña co fin de lle dar un alento á cidadanía que está sen compañía nesta crise.

Desde o Concello, salientan que «en ningún caso é un servizo de información sobre a pandemia nin de emerxencia, senón que xorde coa vontade de lles ofrecer un apoio ás persoas que non teñen forma de comunicarse». Xustifican a necesidade do servizo na situación de moitas persoas no municipio que «non ten unha rede familiar e social na que apoiarse» e «non teñen acceso ao mundo dixital». Con esta iniciativa, queren darlles a oportunidade de «charlar sobre gustos, afeccións e sobre todo aquilo que lles faga sorrir e pasar un tempo agradable». Entre o grupo de voluntariado inclúese persoal licenciado en psicoloxía que poderán realizar unha asistencia máis profesional en caso de que a persoa que está ao outro lado do teléfono o precise.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *