Un operario trasladado logo de sufrir un accidente laboral nun barco

Un operario trasladado logo de sufrir un accidente laboral nun barco
Compartir

Unha persoa resultou ferida despois de cortarse nun brazo cunha máquina do xeo coa que traballaba, nun barco, na dársena de Oza. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Portos de Galicia, que alertaba, pouco antes das oito da mañá, dun accidente laboral nunha embarcación en dita localización.

Ata o lugar, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, desprazáronse efectivos da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil. Finalmente, segundo informou Portos de Galicia ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o operario foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña cun traumatismo nun brazo.