Un espazo para a memoria histórica

Un espazo para a memoria histórica
Compartir

Este mediodía botou a andar o punto de información para as vítimas do franquismo que a Universidade instalou no CUR en colaboración co Concello, e en que se resolverán cuestións históricas, psicolóxicas e xurídicas e se recoñecerá a persoas que foron obrigadas a se exiliaren ou que xa faleceron. 

Durante a presentación, o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, sinalou que se trata dun punto de «xustiza, solidariedade e reparación da dor e da memoria».

Pola súa parte, o director da cátedra de Memoria Histórica, da que xurdiu a iniciativa, Uxío-Breogán Diéguez, explicou que o punto de información lles ofrecerá asistencia a persoas que foron, desde o inicio do período franquista até o final, catro décadas de ditadura e mais na transición, protagonistas deste tempo de terror, ademais de servir como reencontro para moitas/os familiares que non dispuxeron até o momento dun espazo en que transferiren coñecementos, experiencias e dores. Deste xeito, procuraranlles acougo desde xa a través dun sistema de cita previa, en que as/os interesados en obteren información deberán enviar un correo electrónico a catedra.memoria.historica@udc.es. Cando a situación se normalice, dez investigadores/as e docentes máis outras persoas asociadas prestarán este servizo durante tres días á semana no propio CUR.

O reitor Julio Abalde destacou que espazo funcionará como unha oficina para lles aclarar ás vítimas aspectos legais xurídicos e sociolóxicos. Salientou que xa recibiron requirimentos e preguntas de familiares que se están resolvendo desde a cátedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *