Detido un octoxenario e outros dous homes no estado de alarma

Compartir

Durante a xornada de onte a Policía Local levou a cabo tres detencións na cidade por incumprir de maneira reiterada o estado de alarma. Unha das persoas detidas é un home de 80 anos, e outra delas xa fora detida o pasado día 28 de marzo por incumprimento das medidas de confinamento e danos no mobiliario urbano.

A primeira detención, a deste home de 31 anos, produciuse arredor das 12:15h do mediodía de onte, cando axentes da Policía Local detectaron a dous paseantes pola avenida de Finisterre, na Agra do Orzán. Logo de interceptalos e comprobar as bases de datos, viron que constban dúas denuncias administrativas a nome desta persoa, ademais da detención do día 28 «por non respectar as medidas de confinamento e causar danos inxustificados en mobiliario urbano e vehículos estacionados, así como por ofrecer forte resistencia na detención». O home foi trasladado a dependencias policiais, onde quedou a disposición xudicial. O seu acompañante, de 38 anos, foi denunciado administrativamente por incumprir as medidas de confinamento obrigatorio e infrinxir a lei de protección da seguridade cidadá.

Pai e fillo, detidos
Tres cuartos de hora despois, na Rolda de Outeiro, a Polica Local detectou a dúas persoas paseando, a quen deron o alto. A base de datos revelou que ambos homes, pai e fillo de 80 e 40 anos, xa tiñan denuncias previas -3 sancións cada un deles, en distintos días, e unha detención do fillo por ofrecer resistencia-. Ambos os dous foron trasladados a dependencias policiais e postos a disposición xudicial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *