Tres detidos en A Coruña pola morte de Samuel Luiz

Tres detidos en A Coruña pola morte de Samuel Luiz
Compartir

Esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, declarou que xa hai tres detidos, unha muller e dous homes, polo asasinato do mozo coruñés Samuel Luiz. Nunha entrevista para a Cadena Ser, Miñones afirmou que a investigación todavía continuaba, de modo que é posible que haxa máis detencións ó longo dos próximos días.

Ata o de agora, di, a policía está a intentar identificar aos posibles agresores por dúas vías: as declaracións de testimonios e o material gravado das cámaras dos locais cercanos ó lugar dos feitos. Ademais, sinalou que polo menos 15 persoas xa fixeron as súas declaracións na comisaría sobre os feitos. Nese sentido, Miñones considera que estas próximas horas poden resultar cruciais. Do mesmo modo, a información que aporte a autopsia do corpo tamén poderá ser de gran axuda para as investigacións.

Do mesmo modo, Miñones aproveitou a ocasión para pedir toda a axuda posible á cidadanía e chamar á responsabilidade e prudencia. Dixo que se había alguén que poidera aportar algún dato fiable que non dubidara en facelo. E, tamén, abogou pola labor das forzas e corpos do Estado. Segundo di, están a traballar da forma máis minuciosa posible para levar aos autores do crime ante a Xustiza.

Porén, Miñones afirma que todavía non se pode confirmar o posible condicionante de odio do delito. Afirma que todas as opcións están abertas, incluida a da homofobia. Pero é o xuíz, en última instancia, quen determinará se foi un delito de odio ou non, explicou. O obxectivo primordial, nestes intres, é ter todo ben pechado na investigación. E, como dixo, un dos primeiros e máis importantes pasos é identificar a todos os posibles agresores.