Desinfección polo COVID 19 en Feáns

Compartir

O Centro Cívico de Feáns está no foco da loita contra a expansión do coronavirus COVID-19 por ser o punto de ligazón entre sete casos positivos detectados. Pechado preventivamente desde onte, a esta hora -10:15h- están a desenvolverse as tarefas de desinfección para acabar co foco. A Xunta ten localizados aos usuarios do Centro Cívico e persoas que estivesen en contacto con estas para un «diagnóstico precoz».

Os traballos de esterilización desenvólvense desde as 9:30 horas con persoal municipal. En declaracións a La Voz de Galicia, o xefe da Unidade de Inspección Mediambiental Municipal Manuel Vidal indicou que se está a traballazar cun servizo autoridade e certificado, empregando produtos seguros e homologados segunfoa a Axencia Española do Medicamento. Segundo este responsable, estase usando amonio cuaternario. Logo dos traballos, o centro permanecerá pechado dúas semanas seguindo as directrices da Xunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *