O Concello recupera a toponimia

Compartir

O Concello irá substituíndo de maneira progresiva a cartelería e sinalización que presenten toponimia galega deturpada para restituíla na súa forma legal. Así o promete o Goberno local en resposta á pregunta formulada pola concelleira nacionalista Avia Veira. Os nacionalistas lembran que «a única forma legal dos topónimos é a galega (artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística de 1983)».

“A intención declarada do Goberno Local de cumprir coa lei e eliminar os topónimos deturpados é claramente unha boa noticia», felicitouse Avia Veira, que quixo deixar claro que «desde o BNG fiscalizaremos que esa intención se converta en realidade”. Veira alertou sobre a “numerosa sinalización que aínda permanece en castelán na nosa cidade”.

Colectores de lixo e sitio web
O BNG tamén se interesou polos letreiros rotulados en castelán nos colectores de lixo e polo feito de ser este idioma a lingua por defecto en que se visualiza a páxina web municipal. O Concello comprométese a solicitar á empresa concesionaria que rotule en galego os colectores se o contrato o permite, e a modificar paulatinamente a sinalización municipal que non estea en galego. O BNG lamenta unha resposta «elusiva» do Goberno local na cuestión da páxina web, xa que esta terá unha nova versión que será lanzada durante o presente mes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *