Sustos no tritúnel de María Pita

Sustos no tritúnel de María Pita
Compartir

A Policía Local alertou onte en redes sociais da necesidade de respectar os límites de velocidade cun vídeo do tritúnel de María Pita onde se ven varios percances, afortunadamente sen consecuencias graves, acontecidos no mesmo.

O primeiro dos casos é o dun coche branco que sae do carril. O segundo, outro coche negro que tamén sae do carril e dá varias voltas como unha buxaina antes de recuperar o control. No terceiro, un motorista cae da moto, que acaba no carril contrario, coa sorte de atoparse este baleiro no momento. Nos últimos casos chega a verse como dous coches envorcan no medio do túnel.

A Policía Local lembra finalmente que o obxectivo dos controis de velocidade non é recadatorio, senón «calmar o tráfico e reducir a sinistralidade».

https://twitter.com/Policia_Coruna/status/1401662646798237696

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *