Novos semáforos anticovid

Compartir

O Concello da Coruña comeza a instalar máis de 100 pulsadores sen contacto nos semáforos da cidade como medida anticovid. O pasado luns, 14 de decembro, a Área de Mobilidade iniciou os traballos de substitución deste novo sistema co que as e os cidadáns só teñen que achegar a man, pero non é necesario tocar o botón

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, lembra que «no mes de marzo tapáronse todos os botóns semafóricos para evitar a propagación do virus entre a cidadanía e puxémolos a funcionar de forma programada, sen necesidade de demanda peonil». A medida tenta solucionar a descoordinación nos semáforos de certas vías e paradas innecesarias do tráfico rodado sen tránsito peonil que o xustifique. Cos novos pulsadores sen contacto recuperarase a frecuencia semafórica da situación anterior á pandemia e evitaranse riscos de contaxio con este sistema de vangarda.

Segundo Villoslada, trátase dun sistema novo que evitará que as persoas teñan que pulsar o botón e que se ampliará por toda a cidade. «Unha das directivas marcada pola nosa alcaldesa, Inés Rey,  no eido da mobilidade, é mellorar a seguridade nos pasos peonís», asegura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *