Resultados definitivos: clara vitoria do PP na cidade, con importante aumento do BNG

Compartir

A Xunta fixo públicos os resultados do escrutinio ao 100% da maior parte dos concellos galegos. Na Coruña, o PP volve gañar as eleccións autonómicas incrementando en máis de dous puntos o resultado de hai catro anos, aínda que o descenso do censo electoral fai que a maior parte dos partidos teñan menos votos que en 2016.

O BNG sitúase segundo, como sucedeu no conxunto de Galicia onde adiantou ao PSdG-PSOE, e cuatriplica o resultado previo. O resultado do Bloque na cidade é ademais levemente superior ao da media galega. Os socialistas acadan un 18% dos sufraxios e perden arredor de 1.500 votos.

Pola súa banda, Galicia en Común, apoiada pola Marea Atlántica, obtén pouco máis dun 5% dos votos, un resultado mellor que no conxunto de Galicia, onde non conseguiu recoller os suficientes sufraxios como para entrar no Parlamento. Nin Vox nin Ciudadanos chegan ao 3% dos sufraxios na cidade nin no conxunto da comunidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *