Repulsa polo «desprezo á legalide» dos Franco

Compartir

Ante o último movemento da familia Franco para desfacerse da Casa Cornide da Cidade Vella en pleno litixio polo Pazo de Meirás, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou que a da familia do ditador é «unha actitude máis de desprezo á legalidade e ao público» ante a cal o Goberno local continuará a procurar recuperar «para o patrimonio das coruñesas e coruñeses» o inmoble.

Rey sinalou que o Concello xa busca, a raíz do acordo plenario ao respecto, a declaración BIC do edificio, e que os traballos continúan logo do parón motivado pola pandemia de COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *