O contaxio ralentízase mentres se revela maior número de mortes

Compartir

A Xunta fixo hoxe públicos os datos máis recentes sobre a epidemia de COVID-19 en Galicia, onde salienta o freo no número total de casos confirmados pero tamén se rexistra un máximo histórico de falecementos. Se onte ás 12:30h a cifra de mortes era de 208, hoxe ás 15:30h eran 278. Este aumento débese á inclusión nas listas dos falecementos nas residencias de persoas anciás e dependentes, que o Goberno galego non contabilizaba anteriormente. Os casos totais de coronavirus, que eran onte 5.435, son hoxe 5.460, isto é, un aumento en termos absolutos de 25 positivos.

Na área sanitaria da Coruña, que segue a ser a máis afectada da comunidade, medran en 21 os casos totais, pasando de 117 a 1138. Isto significa un aumento dun 25% de pacientes confirmados desde que comezou o mes. No mesmo período, o aumento foi do 34% en Galicia, polo cal podemos considerar que a doenza avanza máis lentamente na Coruña que no resto da comunidade.

Hai 1.066 casos en Vigo, 1.001 na área de Ourense, 911 na de Santiago, 566 na de Lugo, 460 na de Pontevedra e 318 na de Ferrol, que segue a ser a menos afectada de Galicia. Hai 158 persoas na UCI e 835 hospitalizadas fóra do réxime de coidados intensivos. Case 4.500 persoas con diagnóstico positivo de coronavirus permanecen no fogar en seguimento. Ata agora foron dadas de alta 800 persoas na nosa comunidade, e fixéronse 34.423 probas entre a poboación.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *