Reaberto o prazo para as limpezas forestais na proximidade dos fogares

Compartir

As persoas propietarias de parcelas pertencentes á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do Concello da Coruña, así como ás persoas propietarias dos correspondentes dereitos de aproveitamento, teñen de novo a obriga de rozar e retirar a biomasa vexetal e de cortar as especies arbóreas prohibidas -como os piñeiros, os eucaliptos e as acacias-. O novo prazo, que inclúe o tempo acumulado a maiores polo confinamento ata a resolución desta mañá da Consellería de Medio Rural publicada no DOG, estipula que os traballos de limpeza terán que executarse antes do 16 de xullo.

A Concellería de Medio Ambiente lembra que «esta actividade de prevención e loita contra os incendios forestais entra dentro das que se consideran esenciais neste estado de alarma e ten un innegable interese xeral», polo que publicou un decreto que declara os procedementos administrativos pertinentes, dentro da política xeral de prevención do lume. A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que «o ano pasado, o grao de cumprimento destas tarefas foi moi elevado, polo que esperamos que nesta campaña tamén o sexa. Non debemos descoidar estes traballos, posto que a media de incendios é de 13 por ano, cunha media de superficie total queimada de 11 hectáreas de 2008 a 2018».

Están consideradas da rede secundaria de faixas as franxas que están a 50 metros ou menos de solo urbano e que son de núcleo rural e urbanizable, e as que se atopan a esta mesma distancia de edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais. Por último, tamén se recollen dentro desta categoría os terreos que se encontran nun perímetro de 50 metros de construcións illadas en solo rústico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *