«Próximas horas cruciais» para a resolución do asasinato de Samuel Luiz, di o Delegado do Goberno

«Próximas horas cruciais» para a resolución do asasinato de Samuel Luiz, di o Delegado do Goberno
Compartir

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, adiantou esta mañá a un medio de comunicación que «as próximas horas son cruciais» para o esclarecemento do asasinato do mozo de 24 anos Samuel Luiz na Coruña na madrugada entre o venres e o sábado. O delegado explicou que neste momento as pescudas céntranse no visionado das gravacións das cámaras da Policía Local na área e de cámaras de entidades privadas e teléfonos móbiles de viandantes que pasaban pola área onde se produciu a brutal agresión que causou a morte de Samuel Luiz.

Ata o de agora teñen declarado 15 persoas sobre este caso, sen que se prudicesen detencións. Miñones destaca que todas as liñas de investigación continúan abertas, o que non descarta unha motivación homofóbica por detrás do ataque.