Prosegue a dixitalización do Arquivo da Deputación

Compartir

A Deputación da Coruña continúa coas labores de dixitalización dos fondos do seu Arquivo, uns traballos que comezaron hai xa máis dunha década coa dixitalización das súas actas e outros documentos orixinais de especial relevancia ou valor patrimonial e histórico que se custodian na sede do Arquivo na rúa Archer Milton Huntington da Coruña.

Agora, a Deputación vén de publicar a licitación de dous novos contratos para a dixitalización de preto de 1,3 millóns de páxinas de fondos documentais do Arquivo entre os que figuran o Boletín Oficial da Provincia desde 1835 ata 2009  (383 libros encadernados, cunhas 430.000 páxinas) e as resolucións e decretos dos distintos presidentes da institución que se conservan en papel desde o ano 1949 ata 2009, encadernadas en 1.722 libros cunhas 861.000 páxinas en total.

A dixitalización destes fondos facilitará o seu acceso á cidadanía e aos investigadores/as, mellorará a calidade na xestión documental do Arquivo, xa que permitirá mellorar a indexación e busca de contidos e preservar a integridade física dos orixinais, ademáis de reforzar o sistema de información interno da propia Deputación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *