O PP aprema coa estación intermodal

Compartir
Proxecto da Intermodal. Imaxe: Xunta de Galicia

A licitación da intermodal, sen novidade dende xuño do ano pasado, foi posta novamente sobre a mesa hoxe polo Partido Popular da Coruña. Os populares instan ao Goberno central a reactivar de xeito inmediato a licitación e á alcaldesa, Inés Rey, a pedir explicacións ao ministerio de Fomento.

En declaracións públicas realizadas esta mañá, o Grupo Popular do Concello lamentaba «as continuas demoras e enganos do goberno socialista nos prazos da estación e na ligazón con Madrid por Alta Velocidade». Os conservadores referíanse á alcaldesa para recordar que, no comunicado conxunto por parte de Inés Rey e o delegado do Goberno en xuño de 2019, declaraban que «a licitación da parta estatal da obra era inminente» e, non obstante, continúa sen levarse a cabo. Para o PP a xustificación dos socialistas, que o Goberno en funcións non podía licitala, «cae» porque o mesmo goberno si licitou outros investimentos durante o mesmo período.

Falta de compromiso
Os conservadores aínda repasaron outros episodios que demostran, ao seu xuízo, a «falta de compromiso do Goberno socialista» coa Coruña. Entre estes, destacan a falta de financiamento de «investimentos vitais como a remodelación de Alfonso Molina, o Vial 18, a ampliación da Ponte da Pasaxe ou a ligazón ferroviaria do porto exterior» no proxecto orzamentario, fallido, para 2019.

«O último engano coñecido do Goberno do Estado descubriuse onte, cando se soubo a través da Comisión Europea que a ligazón por Alta Velocidade de Galicia e, por tanto, da Coruña con Madrid non estará en funcionamento como mínimo ata xaneiro de 20202, tal e como afirmaba a Xunta e negaban os socialistas», engaden os populares. O seu partido considera que o «abandono» do presidente do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, «non é só cara á Coruña, senón tamén cara a Galicia». Neste sentido, lembran que aqueles orzamentos «rexeitados polo Congreso malia os votos a favor dos deputados galegos socialistas e de Marea, recollía tamén unha redución de investimento na nosa Comunidade dun 20%».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *