Pendente a xuntanza pola RISGA

Compartir
Resultado de imagen de "Inés Rey destaca la importancia de tender puentes para reforzar"
Arquivo: a alcaldesa Inés Rey e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo na inauguración da pasarela entre Agrela e Marineda City. Fotografía: Concello da Coruña

O Goberno municipal declarou a súa vontade de reunirse coa Xunta de Galicia «para abordar as deficiencias que os servizos técnicos municipais encontran na RISGA». O executivo local respondeu así á pregunta que a concelleira do BNG Avia Veira presentara por escrito para reclamar explicacións sobre a retirada do complemento de vivenda da RISGA «a moitas persoas que residen en pensións, mais que están empadroadas en enderezos de entidades benéficas».

A concelleira do BNG preguntou igualmente ao Goberno socialista se está a traballar na posta en marcha dunha bolsa de vivenda en aluguer, «tal e como BNG e PSOE conviñeron en xuño pasado no acordo que fixo viábel a investidura de Inés Rey». O BNG informa de que «o Executivo coruñés limítase a responder que si está a traballar neste asunto, sen dar máis detalles».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *