Os Reis Magos encheron a Coruña de ilusión

Compartir

Preto de 130.000 persoas, segundo o Concello, secundaron unha masiva cabalgata de Reis que percorreu algúns dos espazos máis emblemáticos do centro da cidade. O itinerario dos Reis Magos comprendeu a avenida de Oza, Ramón y Cajal, avenida do Exército, Linares Rivas, praza da Mina, e Cantón pequeno e grande. A cabalgata rematou en María Pita, cunha mensaxe dos magos de Oriente para todos os rapaces e rapazas que se congregaban na zona.

A alcaldesa Inés Rey referiuse posteriormente á noite de Reis como unha noite máxica, agradecendo a presenza das súas maxestades de Oriente. Con posterioridade á cabalgata, tivo lugar unha chocolatada coa participación de arredor de 400 rapaces ou rapazas que viñan da carreira.

No percorrido repartíronse máis de 6 toneladas de caramelos desde as 13 carrozas, catro trens -un deles solidario, formado por cativas e cativos da unidade de diabetes do CHUAC e da Rede Municipal de Acollida- e un bus da TVG, ademais dos doces que lanzaron as firmas patrocinadoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *