O turismo postCOVID-19, o próximo grande reto

Compartir

Palexco acolleu esta tarde o primeiro Encontro Profesional de Turismo «Fase A Coruña» en Palexco tras o Estado de Alarma, en que participou a alcaldesa, Inés Rey, para abordar a necesidade de adaptar a cidade ao novo escenario pos Covid-19 con todos os retos que isto supón para a administración local. A rexedora falou de cambios no comportamento das e dos visitantes, que están agora máis concienciadas/os en materia ambiental e preocupadas/os pola seguridade nos seus desprazamentos.

Rey sinalou a importancia da colaboración público-privada no sector turístico e da creación dun Convention Bureau que sirva de plataforma de captación de eventos profesionais.

Ademais, lembrou o potencial da Coruña a nivel infraestruturas cun «Pazo de Congresos, ExpoCoruña, a lonxa e o porto, unha excelente rede hoteleira e hostaleira, unha atractiva oferta turístico-cultural complementaria e sobre todo, uns grandes profesionais do sector». Para a alcaldesa, esta xornada converte A Coruña na primeira cidade en aplicar as directrices hixiénico-sanitarias para o sector congresos e supón un punto de encontro en que intercambiar coñecementos e experiencias cos principais axentes do sector coruñés, galego e outros destinos turísticos de proximidade como Xixón, Braga e Porto. Precisamente, a alcaldesa participou nun foro organizado por Radio Coruña Cadena Ser, en que debateu coas e cos homólogos destas cidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *