O Teresa Herrera salta á pantalla

Compartir

Tempo de renovación. O Concello busca achegar á rapazada o tradicional Trofeo Teresa Herrera, a través dunha plataforma de actualidade: videoxogos. Este novo «Trofeo eTeresa Herrera» xogarase virtualmente. Na primeira edición utilizarase o FIFA21. Será do 16 até o 22 de novembro.

A iniciativa busca readaptar para as novas xeracións un trofeo emblemático como o Teresa Herrera, para que non perda interese. Os participantes, ata 512, poderán inscribirse a través de Ween. Deberán ser maiores de 16 anos, ser residentes na Coruña ou área urbana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Laracha, Oleiros e Sada). O torneo terá dúas fases. A primeira será a fase clasificatoria en liña, do 16 ao 20 e, na que os participantes competirán por estar entre os 16 mellores, que serán os que se clasificarán para a segunda fase. Esta fase final celebrarase o 22 de novembro no Estadio de Riazor.

Pódese obter máis información sobre este evento a través da web.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *