O temporal mantén o tráfico na rúa San Andrés

Compartir

Por mor das condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, cunha alerta vermella activada no mar, o Concello da Coruña decidiu manter o tráfico rodado na rúa de San Andrés mañá pola tarde. Trátase dunha actuación puntual ante a posibilidade de que as condicións meteorolóxicas adversas obriguen a pechar ao tráfico o Paseo Marítimo. O obxectivo desta medida é facilitar a circulación de vehículos no centro da cidade e evitar, na medida do posible, a conxestión do tráfico nalgunhas vías. A rúa volverá a ser peonil o vindeiro sábado pola tarde.

Neste sentido, Seguridade Cidadá está a traballar para habilitar os dispositivos necesarios ante un posible peche do Paseo Marítimo tanto para as persoas viandantes como para circular os vehículos desde a Coiraza ao Playa Club.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *