O Proxecto Acoreuropa IX abre o prazo para prácticas en Europa

Compartir

A Concellería de Educación e Cultura abre o prazo de inscrición desde o 2 ao 23 de marzo do Proxecto Acoreuropa IX para a adxudicación de  12 bolsas, a persoas tituladas en ciclos superiores de FP, de prácticas formativas de tres meses de duración (finais de setembro a decembro de 2020) en empresas de diversos países europeos.

O programa está dirixido a tituladas/os en ciclos superiores de FP que acadasen a súa titulación en decembro de 2019 ou en xuño de 2020, incluída a FCT (Formación en Centros de Traballo), e que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no proxecto. Estes centros son o CIFP Ánxel Casal, o CIFP Escola de Imaxe e Son, o CIFP Paseo das Pontes, o CIFP Someso, o IES A Sardiñeira, o IES Eusebio da Guarda, o IES Fernando Wirtz, o IES Ramón Menéndez Pidal e mais o IES Urbano Lugrís.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino; e co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

As bases da convocatoria poden consultarse no portal web de Educación do concello a través da seguinte ligazón: http://bit.ly/2veYuny  

As 12 bolsas distribúense en 2 bolsas de francés en Burdeos ou Bruxelas; 3 en italiano en Padua, Campobasso ou Florencia; 4 de inglés en Cork, Cardiff, Praga ou Viena e 3 de portugués en Lisboa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *